Nova ubicación web para as novas do Burela Turísitca.

5 de Agosto de 2010

A partires de agora e na tempada que vai comezar as novas relacionadas co Burela Turísitica poderán verse no facebook que leva por nome Burela Turística Palestina, pola comodidade e o alcance desta rede social. Así teredes actualizadas a diario as variacións mais importantes que xurdan no clube, tanto resultados coma horarios e demáis.
Por último informar de que o plantel comeza a pretempada este luns 9 ás ordes de Julián Amarelo, ex de Cefire Burela co que logrou ascender e competir en honra e do Burela FSF co que tamén logrou o ascenso a honra femenino. Pode que algunha sorpresa se produza no primeiro adestramento do luns.

Publicado na categoría Sen clasificar | Enriba | Deixa un comentario »

Os cadetes tiran a final de Lugo

22 de Maio de 2010

O Burela Turística cadete clasificouse o mércores para a final do campionato provincial cadete, se cadra no resultado positivo mais triste na recente historia do clube.

Pero primeiro está o partido do mércores. Polo Burela Turística xogaron e marcaron: Samu; Carlos (2), Miguel (1), Jairo (1) e Atoche; Erik (PS), Antonhy, David, Alex e Óscar (1) .

Comezaron ben os rapaces, nesta ocasión dirixidos polo capitán do primerio equipo Ramón,  que ós poucos minutos de comezar xa gañaban por 0-3  desplegando parte do seu potencial. Pero coa chegada dos cambios en ámbolos dous equipos, a partires dos 7 minutos de iniciado o xogo, o encontro converteuse nunha tolería. Os rapaces negabanse unha e outra vez a saír de 3 o cal dificultaba a saída e axudaba a tímida presión local. Ademáis os cadetes tardaron 15 minutos en darse conta de como cubrir ó pivot local. Aínda así o Guitiriz case non inquietaba os dominios de Samuel, que estivo ben nas súas intervencións.

Despois do descanso o partido seguía igual e foi a peor cando os rapaces se meteron en piques e guerras persoais que non fixeron mais que empeoralo xogo se cabe e convertelo encontro nun intercambio de golpes que acabou co 1-5 final.

O Burela Turística clasficábase para a final, pero a imposibilidade de cambialo partido e o feito de que a maioría dos xogadores teñen que disputar a fase de ascenso coa SD Burela cadete de Fútbol fai imposible disputar tal final. O cadro da Marosa disputa tódolos seus partidos os Domingos pero nesta ocasión colocou misteriosamente o partido para o sábado pola tarde.

Así os cachorros palestinos víronse obrigados a non disputala final do provincial.

Publicado na categoría Sen clasificar | Enriba | Deixa un comentario »

Volve o provincial para o cadro cadete.

18 de Maio de 2010

Os cachorros do Burela Turística volven á competición para medirse en Guitiriz este mércores pola tarde ó equipo local, nas semifinas do campionato provincial.

Os turistas esperan facer valer a súa calidade para facerse cun posto na final. Sen novidades aparentes na convocatoria, tódolos rapaces están dispoñibles.O partido presenta atractivos, como o enfrontamento dos rapaces burelaos co seleccionador galego, tamén adestrador do Guitiriz que tomou a controvertida decisión de só convocar a Erik para a selección despois de que a seleccion da Mariña, formada case ó completo por xogadores burelaos rematara segunda no campionato galego.

Un posible quinteto a poñer en pista dende inicio podería ser o formado por: Samuel; Jairo, Miguel, Atoche e Carlos; con Erik (PS), Antony, Alex, David e Oscar agardando no banco.

A única baixa será o mister Lucas que non pode viaxar, co que o capitán do primeiro equipo, collerá os galóns para dirixilos rapaces ata a ansiada final.

Publicado na categoría Sen clasificar | Enriba | Deixa un comentario »

O Burela Turística remata cuarto a tempada logo de perder 3-2 fronte ó Mera B

18 de Maio de 2010

Logo de un partido disputado esta mañá e con desafortunado protagonismo arbitral o Burela Turística non foi quen de logralo seu obxectivo que non era outro que unha victoria por mais dun gol para ser terceiro.

Polo Burela Turísitica xogaron e anotaron: Castro; Ramón, Jacobo, Pablo e Javi (1); Michel (1), Juan Palmeiro, Juchi, Antón e Zapa (PS). Quedaron no banco sen disputar minuto algún Adrían e Lucas, este último por problemas físicos.

Comezaba o partido moi igualado, cunha boa defensa plantexada polos turistas que rapidamente deu os seus froitos, tras un roubo de Ramón que nunha transición rápida deixou só a Javi para que resolvese con maestría ante o meta local, nunha das primeiras xogadas do encontro, co que o 0-1 subía ó marcador.

Despois do gol o cadro visitante non parecía  pasar moitos apuros, so no que foi a tónica xeral da tempada, as perdas de último home que propiciaron algunha que outra contra. Sen embargo no ataque posicional os  locais eran inofensivos e a partida táctica parecía gañada por Lucas. Tamén cabe destacar a garra, o compromiso e a loita coa que se empregaron os xogadores palestinos.

Pero non todo estaba ben e nunha nova perda de balón tras quedarse Ramón sen apoios, o seu pase foi interceptado e a rapida contra local significou o empate a 1, mediada a primeira metade.

Non cambiou moito a decoración tralo gol local, o Burela Turística seguía a dominala situación, creando ocasións tanto na contra como no ataque estático e so cabía destacar unhas poucas intervencións de Castro, moi seguro durante toda a mañá.

Así os visitantes parecían saber nadar e gardala roupa, parecendo deste xeito factible a victoria por máis de un gol.

Chegouse ó tempo de lecer con empate a un gol e boas sensacións para os turistas. No descanso a consigna foi de seguir coa mesma intensidade, pero tentar reducilas perdas absurdas do último home e tratar de buscar a espalda da ala contraria rival, que era o seu gran punto débil. ademáis acordouse tentar reducilo número de faltas posto que os árbitros, polo momento so se mostraban mais rigurosos cos visitantes que cos locais, polo que o número de faltas era un continuo problema para os de Lucas e unha rémora que foron arrastrando dende o comezo de cada parte.

Sen embargo nos primeiros minutos da segunda metade, sen que nada parecese cambiar o Mera B fixo o 2-1 tras un despiste da zaga visitante. Ademáis medraban os problemas posto que os árbitros adquirían protagonismo por momentos, nada comparable co que sucedería no final do encontro, pero o listón seguía a ser mais alto para os visitantes que para os locais, co que rápido se puxeron con 3 faltas os burelaos. Así tras unha dobre falta sobre Antón na que concederon unha rigorosa ley da vantaxe que fixo perdelo balón ós turistas, o árbitro so acumulou unha delas. Tralos impactos o bravo xogador burelao tivo que abandoala cancha e o chegar o banquillo golpeou unha botella do enfado, o cal lle costou un cartón de oídas posto que os árbitros non viron a acción.

Un par de xogadas despois, ocorreu unha dudosa man dun xogador local que o árbitro sinalu como cartón marelo, pero no saque da falta o mesmo xogador volveu incorrer na mesma infracción,se cadra esta mais clara, máis neste caso o árbitro non tivo a valentía de sacarlle o segundo cartón marelo.

Estes desvaraxustes arbitrais sacaron ó visitantes do encontro, o que costou a expulsión do auxiliar Gila e unha notable perda de minutos sen apenas xogo, despois da cal, mediado o segundo tempo, chegou o 3-1 noutra contra cos visitantes mais pendentes do que lles estaban a quitar que do partido.

Mais con este gol o cadro palestino pareceu reaccionar e volveu a chegar con perigo a meta visitante, gañando ben as espaldas dos locais, provocando faltas ata que estes chegaron ó limite de cinco e ata conseguir a expulsión do protagonista e prepotente número 8 local. Cando todo parecía a favor para que comezase a remontada voltaron a aparecelos colexiados, para compensala xusta descalificación anterior expulsando a Juan Palmeiro por recordarlle a un dos rivais a súa actitude infantil, cando se ía sacar a falta. Entón o veterano xogador de Celeiro cargado de razón e con moita raza recordoulle ós árbitros que sen dar unha patada os turistas xa tiñan dous expulsados e a metade do equipo con cartón amarelo.

 Mais os visitantes voltaronse a repoñer e conseguiron forzar un dobre penalti que Juchi non puido anotar. Faltando uns 5 minutos chegou o momento no que se acabou a paciencia palestina. Cando Lucas se dispoñía a dar instruccións nun tempo morto para atacar con porteiro xogador, o árbitro principal achegouse para indiarlle a Jacobo que non podia vestir a sudadera do equipo para tales labouras. Esta sudadera tiña un 7 ás costas feito con tiritas, acto moi grave según os trencillas.

 Toda a expedición burelá indicoulle que o seu segundo fora a vestirario antes de comezalo partido para preguntalas cores das camisetas dos porteiros e a do porteiro xogador, momento no que xa se lles indicou que de ser necesario sairía cunha sudadera negra, algo ó que non se opuxo nese momento.

Despois de negar o outro árbitro a evidencia, tamén se lles recordou que noutros dous partidos arbitrados pola mesma parella xa se utilizara esa sudadera e non houbera problema ningún, o cal demostra a actuación de mala fé dos árbitros.

O Burela Turísitca quedaba sen porteiro xogador e sen tempo morto todo por obra e graza dos colexiados do encontro. Ademáis nas protestas, Jacobo foi tamén expulsado. Tardou un par de minutos en reaccionar Lucas para colocar o porteiro suplente Zapa como porteiro xogador por ter mellor manexo cos pes que Castro.

 Nada mais sair Zapa á pista, nunha acción de pícaro Ramón aproveitou que os locais crían que esperarían polo porteiro xogador, para trazar unha diagonal que deixaba so a Javi, que fallou ante o meta local, pero o seu irman Míchel facíase o rexeito e recurtaba distancias, 3-2. Quedaban 2:30 e o empate era posible, quen sabe se a victoria que polo menos enchese de orgullo a un equipo fortemente menospreciado polos dirixentes do encontro.

Ocasións houbo para logralo pero os turistas non foron quen de batelo meta rival e o marcador non se voltou mover.

Finalmente, pese a disputar un bo encontro, o Burela Turística remata cuarto clasificado. O balance da tempada é bo, tendo en conta que se poden mellorar moitas cousas de cara ó ano que ven. Tamén quedou demostrado nesta última xornada que na categoría campan ás súas anchas personaxes que non teñen o nivel técnico para arbitrar e outros que non teñen o nivel moral para facelo.

O Crack: Juchi, probablemente no seu mellor encontro da tempada, foi o auténtico motor dos turistas.

O Dandy: Javi, nos primeiros compases do encontro desfixose con maestría do porteiro e colocou o balón lonxe do alcance de calquera rival.

Vaia día: O Burela Turística, sufriu todo tipo de menosprecios e vexacións por parte dos dous árbitros.

O Duro: A parella arbitral, faltou ó respecto continuamente ó equipo visitante.

Publicado na categoría Sen clasificar | Enriba | Deixa un comentario »

O Burela Turísitca cadete da o primeiro paso cara o provincial (4-1)

10 de Maio de 2010

O Burela Turística na súa categoría cadete impúxose nos cuartos de final do campionato provincial de clubes ó Láncara por 4-1, nun partido de claro dominio palestino, pero que os rapaces dirixidos por Lucas non deron decantado ata o segundo tempo.

Polo Burela Turísitca xogaron e marcaron: Samuel; Miguel (2), Jairo (1), Carlos e Atoche; Erik (PS), Antonhy, Oscar (1) e David.

Comezou o partido con ocasións por ámbolos dous bandos, co Burela Turísitca levando a iniciativa e o Láncara saíndo á contra. Era a única forma que tiña o rival de chegar a meta de Samuel posto que a presión plantexada por Lucas en toda a cancha imposibilitaba a saída do balón do Láncara. Así os pequenos palestinos dispoñían de ocasións pero non eran capaces de materializalas, o que daba alas ó contrario, que cada vez chegaba con contras mais perigosas.

Por iso foi vital o gol de Oscar tras unha entrada pola banda de Miguel tras unha boa parede, que acabou metendo de tacón o rubio xogador burelao. Co 1-0 íase chegar ó descanso pero foi a partires do gol cando mais perderon o control os turistas posto que o balón cada vez lles queimaba mais e isto traducíase en absurdas perdas de balón que desencadenaban en perigosos contragolpes.

Non veu nada mal o tempo de lecer para os cachorros palestinos, era a hora de que o estratega de Cangas dera unha das súas charlas. Lucas fíxolles ver ós rapaces que debían disfrutar mais do xogo, que non estaban alí para xogar tensos senón para facelo que practican nos adestramentos, tocando facil no seu campo e impoñendo a súa calidade nos últimos metros, sen apurarse o máis mínimo.

Aínda así parecía que se compricaban as cousas para os turistas posto que o pouco de comezala sengunda metade ia empatalo Láncara nunha boa xogada individual. Pero isto non sirveu máis que de estímulo para os pequenos talentos da canteira palestina, que sacaron a súa carraxe e liderados polo burelao-caboverdián Miguel e basándose nas boas intervencións de Erik, ó igual que Samuel no primeiro período,  fóronse a polo partido aplicando as instruccións de Lucas.

Así que pouco despois do empate ía chegalo 2-1 obra do capitán Jairo tras unha boa xogada de Miguel que estaba desatado e monopolizando o ataque turista. Tanto foi así que foi o autor dos seguintes tantos cando os burelaos xa se sacaran tódolos nervos e a tensión de enriba. O xogo volveuse preciosista, Carlos volvía selo xogador habitual tras estar gris na primeira metade e a garra dos peruanos Atoche e Antonhy contaxiaba ós seus compañeiros nunha segunda metade que se converteu nun vendabal na dirección da porta do Láncara, quedándose ó final o marcador curto, 4-1.

Agora os rapaces palestinos están á espera das outras eliminatorias para saber cal será o seu rival en semifinais e cando se disputará o partido.

O Crack: Miguel, foi coma sempre o mais incisivo en ataque e dos mais agresivos na boa defensa que fixeron os rapaces. Impuxo a súa superior calidade.

O Dandy: Oscar,  fixo un luxo no primeiro gol metendoo de tacón, sendo o único recurso que tiña para introducilo balón na portería.

Vaia día: Felix, o delegado que non sabe como facer para ter os sábados libres e poder acompañalos rapaces.

O Duro: Omitimos a categoría por tratarse dun encontro de cadetes.

Publicado na categoría Sen clasificar | Enriba | Deixa un comentario »

Merecida derrota do Burela Turística ante o Ribeira fs (3-8)

10 de Maio de 2010

A tabla clasificatoria non deu lugar a engano e o segundo clasificado impúxose ó cuarto sen moitos problemas, despois dun partido con moitos goles pero non moito futbol sala, sobre todo por parte dos locais.

Polo Burela Turística xogaron e marcaron: Castro; Jacobo, Antón, Pablete e Ramón; Javi (1), Juchi, Suso, Juan Palmeiro (1), Míchel e Adrián (1). Quedou no banco coma porteiro suplente sen actuar Zapa.

Comezaba o partido igualado, con respeto entre os dous bandos e co cadro local presionando arriba coma de costume. Cando parecía mais cercano o gol local, aínda sen facer un bo xogo, adiantaronse os visitantes no minuto 8 de xogo, aínda que esa vantaxe momentánea habíalles durar pouco posto que na xogada seguinte empatou Juan Palmeiro tras unha xogada persoal.

Todo volvía a ser igual aínda que os visitante chegaban cada vez mais á contra, sobre todo por un rapaz de 17 anos co número 7  ás costas que voltou tola a defensa local. Sucedíanse as ocasións por ambolos dous bandos, Castro postulábase coma o mellor do seu equipo, un cadro no que a definicion voltaba a ser asignatura pendiente. Así a 5 minutos para o descanso adiantábanse de novo os visitantes, facendo o 1-2 co que se chegaría ó tempo de lecer.

Na segunda metade o partido ía estar marcado por un gol ós poucos segundos de comezar, que facían ós locais remar mais si cabe. Como veñen demostrando toda a tempada, os turistas son un equipo que non se manexa ben psicolóxicamente por detrás no electrónico, o que lle fai cometar mais perdas absurdas e recibir máis contras do rival, que neste caso estaba acertado de cara ó gol, co que os goles foron  caendo ata o 1-5 co que Lucas decidiu apostar polo porteiro xogador cando quedaban algo menos de 10 minutos para o final.

Nin tan sequera neste arte se manexaban ben os palestinos, que habitualmente sacan réditos da estratexia 5 para 4, sobre todo no partido da primeira volta en Meira, e ata pasados algúns minutos non conseguiron nin achegarse á porta rival. Aínda así a falta de precisión no pase facía que os ataques fosen estériles e que se sucedesen contras, froito dunha chegou o 1-6, que sentenciaba mais se cabe ós locais. No intercambio de golpes seguinte o marcador quedou establecido no 3-8 final, anotando os outros dous goles turistas Javi e Adrián a pouco para o final.

Despois desta derrota todo queda a expensas do que suceda a seguinte xornada, na que se enfrontan Burela Turística e Hotel Torques Mera. Dependendo do resultado deste último nesta xornada os palestinos necestiarían gañar en Mera ou facelo por mais de un gol para superalo golaverage particular (1-2 na primeira volta).

O Crack: Castro, foi o único salvable de todo o equipo.

O Dandy:  Adrián, anotou o seu gol de exterior e mirando ó tendido.

Vaia Día: Gila, o delegado de pista, tivo os seus mais e os seus menos cos lamentables árbitros deste encontro.

O Duro:  A parella arbitral, mostrouse prepotente e ameazante,durante todo o encontro a pesar de non ter influencia ningunha no resultado final.

Publicado na categoría Sen clasificar | Enriba | Un comentario »

GOZA CO SABER DOS POVOS!!!!!!!!!!!!

7 de Maio de 2010

Publicado na categoría Sen clasificar | Enriba | Deixa un comentario »

O Burela Turística cadete afronta os cuartos do campionato provincial.

7 de Maio de 2010

Na tarde de mañá está previsto que o Burela Turística debute no provincial cadete de futbol sala ás 6 da tarde no pavillón Casa do Deporte de Lugo perante o Láncara. Lucas non conta con ningunha baixa para o envite, no que os rapaces teñen postas moitas esperanzas e levan moito tempo agardando. A hora de partida dende Burela vai ser ás 15:30 da tarde de mañá sábado na estación de autobuses.

Publicado na categoría Sen clasificar | Enriba | Deixa un comentario »

A victoria en Miño alimenta as opcións do Burela Turística para a terceira praza.

2 de Maio de 2010

O Burela Turística impúxose 0-5 na súa visita ó Alameda de Xarío de Miño, nun partido aberto no que decidiu a maior efectividade de cara a gol dos palestinos.

Polo Burela Turística xogaron e marcaron: Castro; Jacobo, Ramón (2), Míchel e Pablete; Lucas (1), Alex Pardeiro (2), Adrián e Juchi.

Comenzaba ben o partido para o Burela Turística que se adiantaba no marcador ata conseguir o 0-2 con dous tantos obra do capitán Ramón. Logo facería o 0-3 co que se chegaba ó descanso un reaparecido Pardeiro que non notou a inactividade. O xogo dos turistas cimentábase nun gran Castro que abortou absolutamente tódolos intentos dos locais de batela meta visitante, e na superioridade técnica e táctica que mostraba fronte ó Xarío.

Na segunda metade o panorama non cambiaba, Castro seguíao a parar todo e os visitantes aumentaban a conta ata o definitivo 0-5, con goles de Pardeiro primeiro e Lucas despois.

Con esta victoria o Burela Turística empata a puntos na terceira praza co Mera B  falta de dúas xornadas e cun enfrontamento directo entre ambos clubes nunha delas.

Existe moita ilusión entre os xogadores palestinos de lograr entrar no podio da clasificación, unha praza que podería dar a ocasión de disputar algún tipo de competición na pretempada da tempada 2010/2011.

O Crack: Castro foi un Muro infranqueable para os locais.

O Dandy: Jacobo confirma a súa melloría e progresión, fixo un deses partidos nos que paga a pena ir a velo xogar.

Vaia Día e O duro: estas categorías quedan desertas debido á implicación e profesionalidade mostradas polos integrantes do plantel de cara a conseguir a terceira praza.

Publicado na categoría Sen clasificar | Enriba | Deixa un comentario »

Tres puntos e un enfado, na tarde do sábado en Vista Alegre.

19 de Abril de 2010

Todo indicaba que se diputaría un bo partido de futbol sala no pavillón Vista Alegre de Burela, na tarde deste Sábado, entre dous equipos da parte media-alta da táboa da liga autonómica. Ademáis o partido era de trascendencia posto que o Burela Turística pretendía seguila estela do terceiro clasificado, o Mera B. Pero nada máis lonxe da realidade, posto que o Boqueixón non se presentou ó envite e tres puntos máis para o cadro local.

O feito de que os árbitros tampouco acudiran á cita fixo sospeitar á directiva palestina, que souberon dos visitantes, previa chamada, que eles avisaran o día antes cun fax á federación, aínda que fora de prazo para o aprazamento do partido. Non estando estes exentos de culpa, posto que tiñan a posibilidade de facer unha chamada telefónica de cortesía para avisar, a federación que ten a obriga de asegurarse de que tódalas partes queden avisadas destes incidentes de calquera modo posibel.

De feito, aínda que o medio oficial de comunicación é o fax, danse os teléfonos dos clubes ó principio da tempada, polo que o Burela Turística entende que para algo están, que sempre que se lle presenta á entidade burelá un problema deste tipo  non duda en chamar a tódalas partes e ir de frente.

Por iso o clube quere dar de novo as grazas por non asegurarse de que se enteraban tódolos entes do clube, dende xogadores a afección, da non disputa do encontro, ó igual que o día do Xarío. Grazas a que non fixeron o que deberan na federación, os xogadores e demáis colaboradores do clube foron con toda a ilusión ó pavillón, así como algún afeccionado, quedando todos sen encontro.

O Crack: O Burela Turística, que si se asegura de que se sepan as cousas e vai sempre de frente con seriedade.

O Dandy: A afección que encaixou a nova con humor.

Vaia Día: O Boqueixón, que non puido viaxar e non avisou como debera ó equipo local.

O Duro: A federación galega de Futbol Sala, que faltou ás súas obrigas para co Burela Turística e os seus afeccionados, por segunda vez esta tempada.

Publicado na categoría Sen clasificar | Enriba | Deixa un comentario »

Seguinte páxina »

Olark Livehelp